|
Article on other languages:
|
Un piano é un instrumento musical composto dunha serie de cordas metálicas de diferente lonxitude e diámetro, ordenadas de maior a menor no interior dunha caixa sonora. Estas cordas son percutidas por pequenos mazos impulsados por un teclado, producindo sons claros e vibrantes. Atendendo á súa forma e dimensión denomínanse verticais, de cola e media cola, ou de mesa. O piano apareceu en Italia a principios do século XVIII, volvendo a poñer en función os pequenos mazos ou martelos dos antigos clavicordios que o clavicémbalo, beliscando con púas, desterrara. A innovación deste instrumento de corda percutida consistiu na posibilidade de matiza-la intensidade das notas e da-los “pianos” doces e de baixa forza, e os “fortes”, e por iso foi chamado pianoforte.
Historia do pianoInvención do piano-forteCreado ao principio do século XVIII polo italiano Bartolomeo Cristofori en Florencia (Italia), sobre o nome « piano-forte », o piano nace da evolución dun instrumento chamado clavicordio (século XV) e do timpanon (Idade Media) A data de fabricación do primeiro piano forte por Bartolomeo Cristofori é incerta, pero un inventario realizado polos mecenas de Cristofori, a familia Médicis, indica a existencia dun instrumento de Cristofori en 1700. Cristofori non tería construído máis que unha vintena de piano-fortes antes da súa morte en 1731. Non quedan máis que tres hoxe en día, que datan dos anos 1720. ClasificaciónPiano de colaNel as cordas están en posición horizontal. Os pianos de cola teñen unha cuberta superior abatible, de xeito que os sons producidos polas cordas saen ó exterior sen barreiras de tipo algún. Fabrícanse en varios tamaños.
Este instrumento é actualmente utilizado por músicos de todas as partes do mundo Piano vertical o piano de paredeO piano vertical constitúe unha variante. Nel, as cordas están en posición vertical. Tamén hai de distintos tipos:
Piano electrónico
O órgano electrónico ou teclado electrónico é unha invención do século XX. Ten a mesma apariencia do piano. A diferencia é que o son do órgano electrónico provén de medios de síntese electrónica. Ademais, pode reproducir o son de diferentes instrumentos e moitas veces incorpora cancións e ritmos predeterminados. Os ritmos que veñen incorporados sirven para tocar os acordes cunha soa tecla en diferentes estilos como Vals, Rock, etc. Algúns órganos teñen un sistema de aprendizaxe, como el Yamaha Education System, o sistema de aprendizaxe de Casio ou o DoReMi de Roland. Con estos sistemas educativos pódese aprender cancións, xa que o sistema indica a tecla a presionar. Pódese practicar incluso anacos de canción. Algúns modelos traen incorporado un metrónomo co que se pode sincronizar coa mesma velocidade da melodía. O usuario pode gardar cancións creadas por el mesmo, para volver a escoitalas máis tarde. Tamén pode gravar unha melodía para cada man independentemente. Hai variedades que son sensibles ó tacto, é dicir, detectan a forza con que son presionadas as teclas, como nun piano real e actúan en consecuencia, reproducindo o son con maior o menor volume. Existen teclados electrónicos provistos dunha pantalla LCD na que se representa o pentagrama, a nota presionada e as cancións. Teñen accesorios opcionais como o pedal ou conexións para ordenador. Deste xeito pódense transferir cancións desde o ordenador e viceversa. Aínda que a calidade do son non é a dun piano e a forza coa que se tocan as teclas tamén é diferente, o órgano eléctrónico é unha opción máis económica que a dun piano real. Pianistas famosos
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.