Clarinete

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Clarinete

O clarinete é un instrumento de vento madeira de lingüeta sinxela. Inventouse a mediados do século XVIII a partir do antigo chalumeau.

Entrou a formar parte da orquestra grazas ao uso por parte de Mozart dunha parella deles nas súas sinfonías, no Concerto para clarinete e óperas da última época.

Ampliou o timbre do chalumeau e extendeu considerablemente a súa gama alta. O clarinete está afinado en si bemol mentres que o clarinete tenor en mi bemol está afinado unha cuarta máis alta (as bandas militares utilizaban esporadicamente clarinetes en do e en re). O instrumento máis agudo da familia é o requinto, igualmente transpositor en si bemol, pero soa unha oitava máis aguda.

O clarinete tenor en fa e o clarinete baixo están afinados unha cuarta e unha oitava máis baixa, respectivamente. O clarinete contrabaixo está afinado dos oitavas máis baixas.

Igual que os óboes, os clarinetes séguense fabricando en madeiras duras e escuras (como o ébano), aínda que os clarinetes baixos e contrabaixos tamén levan unha cantidade considerable de tubos e pavillóns metálicos. De tonalidade suave, os clarinetes distínguense dentro dos instrumentos de vento pola súa capacidade para producir un son igualmente potente en calquera parte da súa gama, extraordinariamente amplia (máis de 3 ½ octavas) así como un son notablemente suave na parte baixa da gama.

Véxase tamén

  • Mozart: Concerto para clarinete en La maior - Rondo (Allegro)
    Imaxe:Wolfgang Amadeus Mozart - Klarinettenkonzert A-Dur - 3. Rondo (Allegro).ogg

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.